Mostrando entradas con la etiqueta VENDIMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VENDIMA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de octubre de 2011

O proceso de fermentación


Como o proceso de fermentación do mosto é un fenómeno carbónico sabíamos que se tiña que liberar un gas en forma de burbullas. E para non deixalas escapar puxémoslle un globo á nosa botella.
O gas ía a inchar o globo, de iso estábamos seguros, pero...
¿CÁNTO ÍA TARDAR?
¿CÁNTO ÍASE A INCHAR?

A nosa seguinte pregunta foi:
¿CÁNTOS DÍAS TARDARÁ EN ESTOUPAR O GLOBO?
Por iso decidimos sacarnos unha foto cada día cun cartel nas mans que dí o número de días que leva o mosto fermentando. Así poderemos ver cánto se vai inchando o globo cada día.

Como sempre, as fotos para os curiosos:


lunes, 3 de octubre de 2011

Facemos mosto

Hoxe fixemos mosto no cole coas uvas que nos trouxo a profe e que colleu na fin de semana.
Para facelo temos que lavarnos ben as mans, ben frotadiñas as puntas dos dedos para eliminar calquera suciedade.
Despois esmagamos as uvas, primeiro coas nosas mans e logo cun pisador.
Logo colamos a maga cun escurreverduras que tiña os furados grandes e colábanse as pepitas e algún que outro "hollejo" e despois cun colador, co que lle sacamos todas as pepitas.

Ao final, e despois de probalo, hummm... que rico!!! gardamos un pouco nunha botella. Estamos moi interesados en descubrir que é o que vai acontecer no proceso de fermentación.

O outro día aprendimos que para que o mosto se convirta en viño ten que pasar 15 días e que nese tempo libérase un gas (de aí o "fenómeno carbónico").
O gas non o podemos ver, que é como o aire, por iso puxémoslle na boca da botella un globo. Se aparece o gas inchará o globo. Veremos que é o que acontece!!!


De momento as fotos do proceso:


miércoles, 28 de septiembre de 2011

Investigando: A fermentación da uva

Chegou o outono e como todos os anos falamos das froitas e froitos que maduran nesta época do ano:
LARANXAS, PERAS, MAZÁS, FIGOS, UVAS... CASTAÑAS, AVELÁS, LANDRAS, NOCES... Hummmm!

Todos os anos facemos colares de castañas, asámolas no patio, comémolas... Pero este ano, ademais, imos a facer mosto no cole... o que nos servirá para investigar sobre os procesos que teñen lugar para logralo.

Coñecemos xa as partes da uva, dos acios, as da vide, e agora estamos comenzando a investigar sobre o proceso de FERMENTACIÓN. De momento, temos varias preguntas ás que darlles resposta:

- ¿CÁNTOS DÍAS TEN QUE ESTAR O MOSTO NA CUBA PARA CONVERTERSE EN VIÑO?

- ¿O AZUCRE DA FROITA TEN ALGO QUE VER CO PROCESO DE FERMENTACIÓN?

- ¿HAILLE QUE BOTAR ALGO AO MOSTO PARA QUE SE CONVERTA EN VIÑO?

- ¿QUÉ SIGNIFICA "FENÓMENO CARBÓNICO"?

Déixovos uns videos para ver se atopades algunha das respostas.