miércoles, 5 de octubre de 2011

O proceso de fermentación


Como o proceso de fermentación do mosto é un fenómeno carbónico sabíamos que se tiña que liberar un gas en forma de burbullas. E para non deixalas escapar puxémoslle un globo á nosa botella.
O gas ía a inchar o globo, de iso estábamos seguros, pero...
¿CÁNTO ÍA TARDAR?
¿CÁNTO ÍASE A INCHAR?

A nosa seguinte pregunta foi:
¿CÁNTOS DÍAS TARDARÁ EN ESTOUPAR O GLOBO?
Por iso decidimos sacarnos unha foto cada día cun cartel nas mans que dí o número de días que leva o mosto fermentando. Así poderemos ver cánto se vai inchando o globo cada día.

Como sempre, as fotos para os curiosos:


3 comentarios:

Ana dijo...

Gustaríame moito poder ollar por un buratiño e ver a cara que puxeron cando o globo empezou a inchar.¿Tardará moitos días en estoupar? Quen sabe, estaremos atentos para descubrir o resultado. Bicos.

Anónimo dijo...

Para ti,Rosa, moi ben por apostar por este tipo de actividades, que dan moito traballo, pero merece a pena polos resultados.E para os nenos e nenas un bico grande de Feli.

Chispa dijo...

HA, HA, HA! Xa podedes ir collendo unha fregona! Encántame, pero parece que ese globo está empezando a engordar demasiado. Coidadooooo!! Espero ver fotos do acontecemento! Porfi, porfi!