Na última maleta de Chispa chegou este fermosísimo libro con CD e DVD da Editorial Kalandraka coas músicas e os bailes de un montón de cancións estupendas para bailar, grandes e pequenos. Pasámolo xenial, e iso nótasenos nas caras!!! Ou non???Seguimos ensaiando porque queremos facelo xenial no próximo festival e aínda temos moito que mellorar, porque cando se acelera a música, poñémonos algo nerviosos, pero... que ben o pasamos bailando!!!
Nota: o audio orixinal está substituido para facilitar a montaxe.




