Mostrando entradas con la etiqueta MITOLOXÍA GREGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MITOLOXÍA GREGA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Pintando un ceo de estrelas

Conseguir que a nosa clase tivese un ceo estrelado foi toda unha aventura... Un día a nosa profe Rosa apareceu cunha "máquina misteriosa" que non sabíamos para que podería servir... Ela dixo que nos axudaría a pintar as estrelas no teito da nosa aula, pero claro... non víamos por onde se lle botaba a pintura a aquilo. E resultou que esta máquina misteriosa chamábase retroproxector e serviunos para proxectar as estrelas no teito... A profe Rosa, subida a unha escaleira colocou unhas chinchetas no teito para saber onde tíñamos que poñer as estrelas.
Agora viña o traballo máis duro: baixar as planchas do teito unha por unha para poder pintar as estrelas... Logo, facerlle as liñas para que quedasen unidas as estrelas de cada constelación... e por último, volvelas a subir...

Ufff! Cánto traballo!!!

Pero e que ademáis as estrelas que pintamos no teito da nosa clase non son unhas calquera. Non, non!!! A nosa profe contounos unha historia fantástica duns seres máxicos que disque son da Mitoloxía Grega. Falounos de CEFEO e CASIOPEA, que eran os pais de ANDRÓMEDA, que foi liberada por PERSEO, quen tiña un cabalo alado chamado PEGASO... Falounos tamén de Poseidón, o rei do mar, e de Medusa, que tiña o pelo de serpes e que se a mirabas quedabas de pedra!!!

Tamén falounos dos signos do zodiaco, que son as estrelas que estaban no ceo o día que nacimos e nos nosos aniversarios, porque as estrelas veñen e van e non están sempre no mesmo sitio do ceo...
E tamén ensinounos que no ceo había dúas OSAS... unha máis grande, a OSA MAIOR, e outra máis pequena, a OSA MENOR, e que a pequena tiña o rabiño para arriba porque estaba moi contenta de estar ao carón da súa nai.
Xa vedes que podemos aprender calquera cousa, tan só tedes que achegárnosla!!!