Este venres a profe Feli quixo aprendernos a reciclar papel... O pasamos xenial con ela, porque a verdade é que os que xa a coñecíamos do ano pasado, botámola moooito de menos!!! E que esta profe é unha verdadeira caixa de sorpresas!!!
Xa do día de antes as profes puxeron un papel triturado a remollo, pero aínda así tivemos que traballar moito... Batímolo coa batidora coa axuda da profe, que ben clariño nos deixou que os nenos non a podían usar soíños... Logo, comprobamos a textura do puré que acababamos de preparar, metendo as mans no barreño... que divertido!!!
Primeiro sumerximos o panel de rella ben dereitiño e tumbámolo no fondo do barreño e....
¡¡¡arriba!!!
Poñémolo un pouquiño a escurrir a auga, colocamos unhas follas de papel de periódico encima e...
ale-hop!
Media volta e a secar cun pano toda a auga que sobra, retorcéndoo de vez en cando, que é moita a auga que hai que secar!!!
E listo...
Xa podemos levantar o panel de rella e a deixalo secar. Cómo estará o luns cando cheguemos ao cole???
Velaiquí tedes as fotos do proceso: