domingo, 25 de abril de 2010

Pintando como Romero Britto

Poucos seredes xa os que non saibades que é o que andivemos a facer esta semana no cole... Pois parece que estamos en tempo de pintura... pintura por fora, pero tamén pintura por dentro... uns con brocha gorda e nós... con pinceis dos finos!!!

Como estamos a traballar coa familia, escollimos este mural de Romero Britto...

Que aínda non coñecedes a Romero Britto??? Pois se premes na imaxe que tes a continuación, poderás dar unha voltiña pola súa web (en portugués).




Romero Britto é un artista contemporáneo ao que lle gusta achegar a arte á xente, polo que en moitas ocasións expón as súas obras na rúa. Por iso, non é extrano que participara na COW PARADE en varias ocasións. Aquí podedes ver algunha das súas vacas, das que andiveron polas rúas de New York.




Houbo quen pensou que non seríamos capaces, pero tras unha semana de duro traballo e grazas á axuda da profe Ana que permitiu que a profe Rosa estivese dedicada a "supervisar" a obra, ben prontiño poderedes ver o resultado no noso Salón de Actos.



No hay comentarios: