miércoles, 28 de septiembre de 2011

Investigando: A fermentación da uva

Chegou o outono e como todos os anos falamos das froitas e froitos que maduran nesta época do ano:
LARANXAS, PERAS, MAZÁS, FIGOS, UVAS... CASTAÑAS, AVELÁS, LANDRAS, NOCES... Hummmm!

Todos os anos facemos colares de castañas, asámolas no patio, comémolas... Pero este ano, ademais, imos a facer mosto no cole... o que nos servirá para investigar sobre os procesos que teñen lugar para logralo.

Coñecemos xa as partes da uva, dos acios, as da vide, e agora estamos comenzando a investigar sobre o proceso de FERMENTACIÓN. De momento, temos varias preguntas ás que darlles resposta:

- ¿CÁNTOS DÍAS TEN QUE ESTAR O MOSTO NA CUBA PARA CONVERTERSE EN VIÑO?

- ¿O AZUCRE DA FROITA TEN ALGO QUE VER CO PROCESO DE FERMENTACIÓN?

- ¿HAILLE QUE BOTAR ALGO AO MOSTO PARA QUE SE CONVERTA EN VIÑO?

- ¿QUÉ SIGNIFICA "FENÓMENO CARBÓNICO"?

Déixovos uns videos para ver se atopades algunha das respostas.






1 comentario:

Ana dijo...

Gustariame moito poder estar ahí para probar ese mosto que ides facer, pero terei que conformarme. Iso si, estarei moi atenta para ver si conseguides responder a todas esas preguntas, que eu tamén quero enterarme.Un biquiño para tod@s e unha aperta forte para ti, Rosa.