Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de marzo de 2011

Celebramos o Día da Poesía e o Teatro 2011

Hoxe venres, celebramos o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) xunto co Día Mundial do Teatro (27 de marzo) cunha pequena reunión na nosa Biblioteca, para a que estivemos preparando este precioso video coas nosas voces, recitando os poemas sobre nos mesmos que inventamos hai xa un tempiño.
Que difícil que foi falar polo micro sen trabucarse!!! E aínda así...

Querémolo compartir con vós!!!

viernes, 11 de marzo de 2011

Pintar con palabras

Hai algo máis dun mes e para celebrar o Día da Candeloria empezamos a preparar este fermoso traballo, falando do bo que cada un de nós tiñamos e saíron unhas fermosas poesías. Fixémolas entre todos e logo cada un escribiu a súa. Ademáis a profe sacounos unhas fotos, de frente e de perfil coas que fixemos uns divertidos collages. Poesía para os oídos pero tamén poesía para mirar.

E aquí tedes o resultado!!!



Idea orixinal en Mirades Menudes

jueves, 5 de noviembre de 2009

Poemas da lúa e caligramas





A SEÑORA LÚA


A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.



Se queres probara a facer os teus propios caligramas, pincha sobre a imaxe

Aquí tedes outros caligramas deste mesmo poema:


Grazas a esas amizades virtuais que vanse creando a través dese seguimento do traballo que imos facendo unhas das outras, podemos ir reciclando materiais doutros profes. Grazas ás mestras do CEIP de Quintela, en Moaña, por compartir os seus materiais en Poemas para peques, e grazas tamén a Uxía, gran persoa, mestra e amiga, ás súas Sereas, e ao CEIP de Aguiño, ao que levarei sempre no meu corazón.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Monstruos de risa para perderlles o medo

Nesta semana temos que aprender a rirnos das cousas que dan medo, por iso que mellor que falar e cantar destes monstruos que máis que medo dan risa.






Se queredes escoitar os versos cos que traballaremos esta semana, pincha neste enlace.
E sequeres aprender a ser toda unha bruxa terrible, segue estas instruccións.
Pasádeo de medo!!!

sábado, 3 de octubre de 2009

O poema da Lúa Mora