Mostrando entradas con la etiqueta MEDRANDO XUNTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDRANDO XUNTOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de enero de 2011

Entre todos construimos a Paz

Achégase o Día da Paz e grazas á nosa tan botada de menos profe Ana Martínez que non para... (durmirá esta mulleriña???) podemos xogar con actividades sobre a Paz neste libro LIM. Como sempre preme na imaxe para comezar.

E aquí tamén temos un conto moi especial para traballar a Educación para a Paz, tamén grazas á profe Ana, no que se conta o importante que é unir os esforzos para lograr algo grande.

lunes, 8 de marzo de 2010

Día da Muller Traballadora 2010

Hoxe chegou a maleta cargadiña de libros para celebrar o Día da Muller Traballadora e grazas a Chispa, podemos ver as fotos de hoxe na Biblioteca. Non deixedes de visita o Blogue da Biblio, que está cargadiño de novidades!!!


Chis, chis, plof, plof!!!


E despois escoitamos o conto titulado "UNA FELIZ CATÁSTROFE", escrito por Adela Turin e ilustrado por Nella Bosnia, grazas á nosa incansable profe Ana. Podédelo ver no seu blogue "Medrando xuntos".

Tamén os deixo aquí un conto sobre Wangari, Premio Nobel da Paz 2004, unha muller que foi un exemplo para a súa comunidade.


martes, 19 de enero de 2010

Aforrando enerxía

Hoxe de novo chegou unha carta de Chipa recordándonos que está no noso cole a exposición "Aforrando enerxía", da asociación Lapis Verde, composta por 15 paneis ilustrados por Leandro Lamas e que pretenden concienciarnos sobre o aforro de enerxía para tentar frear o cambio climático.
Ademáis a maleta de Chispa desta vez veu cargada de agasallos, todos eles relacionados co medio ambiente, a reciclaxe ou o aforro de enerxía.










Recordade que a exposición está aberta tamén para os pais e nais que queiran visitala.





E para ir practicando ca importancia do aforro enerxético, aquí vos deixo un xogo que atopou a profe Ana.




domingo, 20 de diciembre de 2009

Xogos de Nadal

Grazas aos outros blogues do cole podemos xogar a estes xogos tan divertidos... Sodes incansables, "compis".



E via: http://cincoanosemais.blogspot.com da profe Ángeles.