Este ano celebramos o Magosto o día de San Martiño, polo que, ademáis de comer castañas, os peóns sairon ao patio e estiveron xirando ao longo de toda a semana. Pola mañá veu a profe Paula para axudarnos a facer colares de castañas, e ben bonitos que nos quedaron, aínda que mira que estaba dura a pel!!!
Despois bailamos buxainas de man na clase, habíalas de moitos tipos, formas e cores.
Logo, saímos ao patio a comer as castañas que estaban moi quentiñas, pois as acababan de asar os profes Ramón e Pepe, coa axuda de Xaime, de quen se non!!!
E xa por último, xogamos a un montón de xogos con castañas no patio.
Pasamos un día xenial!!!

