
Así enterámonos de que Picasso nacera en MÁLAGA, e por iso a nosa profe chegou ese día cun mapa de ESPAÑA e nos dixo onde estaba MÁLAGA. Tamén nos contou que o pai de Picasso era profe de pintura nunha escola de A CORUÑA, e que por iso tamén viviu alí, que logo marchou a BARCELONA e que tamén viviu en MADRID. Algún tiña algunha idea de por onde caían estas cidades no mapa (será de velo tempo...) pero en xeral resultounos bastante novidoso o tema do mapa. Escribimos uns carteis para localizar estas cidades.
Na Biblioteca do cole, Chispa deixara para nós dous libros de Picasso enriba da mesa e xa co primeiro aprendimos un montón de cousas sobre él. Aprendimos que cando era neno aprendéralle a debuxar seu pai... que cando marchou a Barcelona estaba moi triste porque perdera a unha paloma branca que debuxara e que pintaba con colores azuis, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA AZUL...
Que cando foi a París (Alejandra contounos que unha torre moi rara que sae no conto é a Torre Eifel, e que está en París, que a viu ela cando foi alí cos seus pais) coñeceu a xente do circo que viran á súa paloma e púxose moi ledo e entón empezou a empregar as cores cálidas, como o rosa, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA ROSA.
Este conto tamén nos fala que logo Picasso empezou a pintar dunha forma un pouco estrana, e que había moita xente á quen non lle gustaban os seus cadros, nos que non se sabía se estabas de frente ou de perfil, porque debuxaba uns narices e uns ollos moi raros á xente. A esta etapa chamóuselle ETAPA CUBISTA.
Este conto tamén nos presenta a algún membro da familia de Picasso, así que neso andamos...



