|
| ||
|
|
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
viernes, 9 de diciembre de 2011
Preparándonos para o Nadal
E chega o momento de preparalo todo para o Nadal. Felices Festas a tod@s!!!
E por supostísimo, o libro lim da nosa boa amiga Ana Martínez sobre o Nadal.
Etiquetas:
LIM,
NADAL,
XOGA NA REDE
lunes, 31 de enero de 2011
Los colores al portal

Xa queda algo lonxe o Festival de Nadal, pero como ata o de agora non estiveron os videos en YouTube, non podíamos velos no blogue.
Nenas e nenos, familias... a desfrutar da actuación!!!
Etiquetas:
FESTIVAL DE NADAL,
NADAL,
VIDEOS DO COLE
martes, 14 de diciembre de 2010
Montamos o Belén
E máis cousas sobre o Nadal, desta vez grazas á miña grande amiga e compañeira a profe Ángeles, que desde Mugardos asómase desde AXanelaDeInfantil. Biquiños, compi!!!

Etiquetas:
NADAL,
XOGA NA REDE
lunes, 13 de diciembre de 2010
E outro ano máis chegou o Carteiro Real

E como todos os anos por estas datas, ven ao cole o Carteiro Real a recoller as cartas que con tanta ilusión escribimos para as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras e por se acaso non se nos entendera ben a letra, pegámoslle as imaxes dos nosos xoguetes desexados, para que non lles caiba ningunha dúbida ás Súas Maxestades.
Este ano aproveitamos para sacarnos unha foto diante do coche do Carteiro Real, porque como todos os anos, quedamos coa boca aberta cando entra no patio.
E se non o credes, mirade para as fotos!!!
Etiquetas:
CARTEIRO REAL,
NADAL
domingo, 12 de diciembre de 2010
Preparando o Nadal
Xa estamos a piques de rematar co noso proxecto de Picasso, aínda que quedan cousas no aire, que probablemente asenten o ano que ven, como o Picasso escultor e o Picasso ceramista...
Agora xa é tempo de preparar as cartas dos Reis Magos, decorar a árbore de Nadal e cantar panxoliñas, e por supostísimo, de preparar o Festival do Cole!!!
Gracias, como non, a nosa ben querida profe Ana, temos este precioso Libro LIM sobre o Nadal. Moitísimas gracias, Ana, non vexas o que nos gusta!!!

Smuacs, smuacs!!!

domingo, 20 de diciembre de 2009
Xogos de Nadal
Grazas aos outros blogues do cole podemos xogar a estes xogos tan divertidos... Sodes incansables, "compis".
Etiquetas:
CINCO ANOS E MAIS,
MEDRANDO XUNTOS,
NADAL
sábado, 19 de diciembre de 2009
Visita do Carteiro Real
.jpg)
Onte recibimos unha visita moi especial no cole. Viu o Carteiro das Súas Maxestades os Reis Magos para recoller as nosas cartas, preparadas con moita ilusión con axuda das profes, e facerllelas chegar antes da Noite de Reis.
Abriunas unha por unha e leu detidamente as nosas peticións. Acordábase de nós do ano pasado e preguntounos se nos portáramos ben durante todo este ano, porque xa sabemos todos que os Reis Magos só lles traen os regalos que piden aos nenos e nenas que foron bos.
Ademáis a súa paxe agasallounos cuns caramelos riquísimos, e tan grandes que case case non nos cabían na boca!!!

jueves, 10 de diciembre de 2009
Visita ao Belén da Orden Terceira
Hoxe fomos ver o Belén da Orden Terceira. Encantounos... estivemos super atentos a todos os movementos de estas preciosas figuriñas feitas con tanto mimo polo artesán Alfredo Martín. A nosa Chispa deixóunos un montón de información sobre este artista ferrolán no noso blogue da Biblioteca.
"Algo de máxico ten esta representación na que os seus habitantes, unhas figuras de apenas 10 cm de altura, son capaces de desempeñar labores realmente. O pintor molla a brocha e pinta de verdade, o carpinteiro crava unha punta á vista do público, outro, serra unha
tabla ata partila, mentras os leñadores logran con gran pericia derrubar unha vella árbore, os vendimadores pisan a uva ata obter o seu zume, os albaneis cargan un cubo, ízanno e finalmente descárgano... En total unhas douscentas figuras de movemento, pequenos seres animados dotados dun alento vital que
sorpende pola súa perfección."
E aquí tedes as fotos:
Etiquetas:
BELÉN,
NADAL,
ORDEN TERCERA,
VISITAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)