jueves, 10 de diciembre de 2009

Visita ao Belén da Orden Terceira


Hoxe fomos ver o Belén da Orden Terceira. Encantounos... estivemos super atentos a todos os movementos de estas preciosas figuriñas feitas con tanto mimo polo artesán Alfredo Martín. A nosa Chispa deixóunos un montón de información sobre este artista ferrolán no noso blogue da Biblioteca.


"Algo de máxico ten esta representación na que os seus habitantes, unhas figuras de apenas 10 cm de altura, son capaces de desempeñar labores realmente. O pintor molla a brocha e pinta de verdade, o carpinteiro crava unha punta á vista do público, outro, serra unha
tabla ata partila, mentras os leñadores logran con gran pericia derrubar unha vella árbore, os vendimadores pisan a uva ata obter o seu zume, os albaneis cargan un cubo, ízanno e finalmente descárgano... En total unhas douscentas figuras de movemento, pequenos seres animados dotados dun alento vital que
sorpende pola súa perfección."

E aquí tedes as fotos:



3 comentarios:

Chispa dijo...

É un belén precioso. Espero que teñades disfrutado desta visita.
¿Segue saíndo o fume polas chemineas? ¿E o ceo segue a encherse de estrelas? Cantos recordos da infancia...
Apertas agarimosas da vosa meiga.

profe Rosa dijo...

Parece que Chispa ten ido a ver este Belén máis dunha vez!!! Cómo te acordas das chemineas botando fume e do ceo estrelado!!!
Recordas tamén a Señora Ramona que tende a roupa??? E do home que sacude a alfombra, os pescadores, os que moen o trigo e os que pisan as uvas, ao carro que entra no castelo, e... e...
Cantas cousas quedaron grabadas nas nosas pequenas miradas... imaxinario colectivo dos ferroláns... recordos que nos acompañarán sempre, como espero que acompañen a todas as nenas e a todos os nenos do Colexio de Pazos a partir de hoxe.

Anónimo dijo...

Eu disfrutei dese belén durante moitos anos. Está feito por un gran artista.Nesta visita pásano ben grandes e pequenos. Alégrome que fósedes a visitalo.
Apertas para ti, Rosa e tamén para os teus peques.
Feli