sábado, 19 de diciembre de 2009

Visita do Carteiro Real


Onte recibimos unha visita moi especial no cole. Viu o Carteiro das Súas Maxestades os Reis Magos para recoller as nosas cartas, preparadas con moita ilusión con axuda das profes, e facerllelas chegar antes da Noite de Reis.
Abriunas unha por unha e leu detidamente as nosas peticións. Acordábase de nós do ano pasado e preguntounos se nos portáramos ben durante todo este ano, porque xa sabemos todos que os Reis Magos só lles traen os regalos que piden aos nenos e nenas que foron bos.
Ademáis a súa paxe agasallounos cuns caramelos riquísimos, e tan grandes que case case non nos cabían na boca!!!





No hay comentarios: