lunes, 13 de diciembre de 2010

E outro ano máis chegou o Carteiro Real


E como todos os anos por estas datas, ven ao cole o Carteiro Real a recoller as cartas que con tanta ilusión escribimos para as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras e por se acaso non se nos entendera ben a letra, pegámoslle as imaxes dos nosos xoguetes desexados, para que non lles caiba ningunha dúbida ás Súas Maxestades.

Este ano aproveitamos para sacarnos unha foto diante do coche do Carteiro Real, porque como todos os anos, quedamos coa boca aberta cando entra no patio.


E se non o credes, mirade para as fotos!!!


No hay comentarios: