
Hoxe apareceu a maleta de Chispa polo cole, co seu inconfundible Chis, chis, plof, plof!, pois resulta que á nosa meiga amiga os Reis Magos deixáronlle un libro tan precioso, que non se puido resistir a compartilo con nós: "Genealogía de una bruja". Como sempre, dentro da maleta había libros, revistas, algún marcapáxinas e por suposto, unha das súas preciosas cartas.
Ademáis, debímonos portar xenial o ano pasado, porque os Reis Magos deixaron no cole para nós unha multifunción, conexión a internet na aula (xa era hora!!!) e pompeiros para enchelo todo de burbullas de cores!!!


No hay comentarios.:
Publicar un comentario