miércoles, 2 de marzo de 2011

Que ben o pasamos bailando!!!

Na última maleta de Chispa chegou este fermosísimo libro con CD e DVD da Editorial Kalandraka coas músicas e os bailes de un montón de cancións estupendas para bailar, grandes e pequenos. Pasámolo xenial, e iso nótasenos nas caras!!! Ou non???
Seguimos ensaiando porque queremos facelo xenial no próximo festival e aínda temos moito que mellorar, porque cando se acelera a música, poñémonos algo nerviosos, pero... que ben o pasamos bailando!!!


Nota: o audio orixinal está substituido para facilitar a montaxe.

2 comentarios:

Chispa dijo...

INDO EU polo País dos Libros atopei este vídeo e sentín moita curiosidade por ver que ocurría "aí dentro". SORPRESA!!! Sodes vós bailando!!! Haaa, haaa, haaa!! Que ben o facedes; encántame vervos. Non sei, pero creo que vou practicar na casa para poder bailar a próxima vez que pase polo cole coa maleta.
Mmmm, e encántame ver que disfrutades coa música que atopo por aí... Seguirei buscando...
Noraboa a todos os bailaríns, a todas as bailarinas e á profe por contaxiar esa ledicia e por compartila.
Bicos peques e ata pronto!

profe Rosa dijo...

Ai, Chispa! Foi todo un acerto que enviaras este libro-cd na túa última maleta!!! Pero que ben o pasamos bailando!!! ;D