miércoles, 2 de junio de 2010

Vermiños: Á espera das bolboretas

Aquí tedes a evolución dos nosos vermiños. Cando naceron cabían todos nunha caixa de grampas, logo tivemos que cambialos a outra caixa algo máis grande e agora xa están instalados na caixa que empregamos para criar o ano pasado!!! Nela aínda quedan restos dos ovos dos que naceron hai xa máis dun mes. Pero agora xa empezan a facer as crisálidas de novo...


Estamos ansiosos porque nazan as bolboretas!!!
Desde aquela, moitos coidados e mimos para que agora luzan así de gordechos. Templámoslle as follas de moreira que saen da neveira para que non as noten frías, destapámoslle a caixa para que lles dea a luz do día, cambiámoslles as follas, limpámoslles as cacas, falámoslles, acariñámoslos e incluso os escoitamos, porque sí, sí, se achegas a orella á caixa podes escoitalos. Todo un descubrimento!!!



No hay comentarios: