sábado, 29 de mayo de 2010

Poemas de Uxio Novoneyra no Festival das Letras Galegas



O pasado venres 21 de maio celebramos con algo de retraso o Día das Letras Galegas. Non puido ser antes xa que faltábannos algúns compañeiros do cole que andiveron de excursión.

Este ano os nenos de Infantil aprendimos un montón de cousas sobre Uxío Novoneyra, participando na elaboración do mural da entrada sobre a súa vida e que logo convertiráse en libro... xogando na PDI coas actividades elaboradas pola profe Ana... aprendendo algún pequeno poema seu. Por iso, este ano quixemos homenaxealo recitando.

E aquí nos tedes!!!!
INFANTIL 3 E 4 ANOS
Cai a neve, cai, cai
Falopiña a falopiña
nin o vento a aremuiña
nin a auga a desfai.
INFANTIL 5 ANOS
Canta o Cuco, cala e canta
Dos castiñeiros do Val
Pasa o tempo e non di nada
e volta o Cuco a cantar.

No hay comentarios: