miércoles, 2 de junio de 2010

A primavera trouxo...

A primavera trouxo

bolboretas con lunares

que bailan e fan rodas

entre os tulipanes.

A primavera trouxo

bolboretas amarelas

que levan nas súas antenas

filigranas e arandelas.

A primavera trouxo

bolboretas violetas

que revoan por todos lados

¡son tan pizpiretas!

A primavera trouxo

bolboretas con raíñas

as rosadas e celestes

¡son as máis bonitiñas!

A primavera trouxo

bolboretas multicolores,

tardíñas soleadas,

paxaros e frores.




No hay comentarios: