E por fin podedes ir vendo cómo quedaron as nosas caroutas de Entroido. A verdade e que deron moito traballo... pero quedaron preciosas!!! Primeiro, inflar o globo do tamaño da nosa cabeza, e logo poñerlle papel de periódico mollado na cola de empapelar... E a secar no tendal toda unha semana!!!
Despois puxémoslle o nariz, e de novo ao tendal!!! Outra semana esperando...
E xa, nesta semana, puidemos facerlle os furados para os ollos e pintalas, cada quen do que quixo... e por iso hai de todo, pero sobre todo, príncipes e princesas... pero tamén un gato (Shakira), un tigre (Iker), dous vampiros (Farruco e David) e un león (Jesús).
Aí van as fotos!!!


2 comentarios:
Que caroutas máis bonitas!!!. Os nenos e nenas de Pazos sodes uns verdadeiros artistas. Moitos bicos.
E non te podes imaxinar o que se bota de menos á nosa profe Ana cando nos poñemos con estas cousas... A verdade e que se lle bota de menos sempre, pero en ocasións como éstas moooooito máis.
Publicar un comentario