jueves, 11 de noviembre de 2010

Castañas e buxainas

Este ano celebramos o Magosto o día de San Martiño, polo que, ademáis de comer castañas, os peóns sairon ao patio e estiveron xirando ao longo de toda a semana.
Pola mañá veu a profe Paula para axudarnos a facer colares de castañas, e ben bonitos que nos quedaron, aínda que mira que estaba dura a pel!!!
Despois bailamos buxainas de man na clase, habíalas de moitos tipos, formas e cores.
Logo, saímos ao patio a comer as castañas que estaban moi quentiñas, pois as acababan de asar os profes Ramón e Pepe, coa axuda de Xaime, de quen se non!!!
E xa por último, xogamos a un montón de xogos con castañas no patio.
Pasamos un día xenial!!!

2 comentarios:

Ana dijo...

¡Que pinta teñen esas castañas! Seguro que estaban boísimas. Que saibades que vos boto moito de menos. Biquiños para todos.

Chispa dijo...

Encántame saber que mantedes as tradicións. Esas fotos facendo os colares de zonchos son moi bonitas.
Biquiños para todos da vosa amiga Chis-chis, Plof-plof, Chis- Chis-Chis- ChissssssssPa