jueves, 18 de noviembre de 2010

Cómo chegou Picasso á nosa aula

Niña con barco (1938) Picasso.

Este luns a nosa profe chegou cun cadro escondido... pois foino descubrindo pouco a pouco, para poder pensar en cómo vai cambiando o noso punto de vista a medida que imos tendo máis información. De principio parecíanos de todo pero ao final, cando xa o vimos totalmente descuberto, dímonos conta de que se trataba dunha nena que tiña un barco nas mans... Pensamos que título podería ter este cadro e entre todos decidimos que debía chamarse "Niña con barco".


Así que escribimos "NIÑA CON BARCO" en Google Imaxes e desde alí chegamos a unha páxina que nos decía quen o pintara. Grazas a Kelly, que leu o nome do artista, enterámonos de que foi un tal PICASSO, pero non soubemos máis.



Por iso, mandamos unha nota, que escribiu Elia que poñía...


"QUIÉN ES PICASSO? TRAER AL COLE COSAS DE PICASSO"


E ao día seguinte chegou, entre outras cousas, isto:




Así enterámonos de que Picasso nacera en MÁLAGA, e por iso a nosa profe chegou ese día cun mapa de ESPAÑA e nos dixo onde estaba MÁLAGA. Tamén nos contou que o pai de Picasso era profe de pintura nunha escola de A CORUÑA, e que por iso tamén viviu alí, que logo marchou a BARCELONA e que tamén viviu en MADRID. Algún tiña algunha idea de por onde caían estas cidades no mapa (será de velo tempo...) pero en xeral resultounos bastante novidoso o tema do mapa. Escribimos uns carteis para localizar estas cidades.

Na Biblioteca do cole, Chispa deixara para nós dous libros de Picasso enriba da mesa e xa co primeiro aprendimos un montón de cousas sobre él. Aprendimos que cando era neno aprendéralle a debuxar seu pai... que cando marchou a Barcelona estaba moi triste porque perdera a unha paloma branca que debuxara e que pintaba con colores azuis, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA AZUL...

Que cando foi a París (Alejandra contounos que unha torre moi rara que sae no conto é a Torre Eifel, e que está en París, que a viu ela cando foi alí cos seus pais) coñeceu a xente do circo que viran á súa paloma e púxose moi ledo e entón empezou a empregar as cores cálidas, como o rosa, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA ROSA.

Este conto tamén nos fala que logo Picasso empezou a pintar dunha forma un pouco estrana, e que había moita xente á quen non lle gustaban os seus cadros, nos que non se sabía se estabas de frente ou de perfil, porque debuxaba uns narices e uns ollos moi raros á xente. A esta etapa chamóuselle ETAPA CUBISTA.

Este conto tamén nos presenta a algún membro da familia de Picasso, así que neso andamos...

No hay comentarios: