miércoles, 17 de noviembre de 2010

Visita a Alcampo Ferrol

Hoxe visitamos as instalacións de Alcampo, pero non como simples consumidores, xa que nos ensinaron moitas cousas que normalmente non se ven, ou polo menos, pasan desapercibidas!!!

Ao chegar, sacamos unha foto diante do Clube Rik&Rok e despois ensináronnos onde poñían os productos de campaña, que claro, agora está todo preparadiño para que vaian mercar os Reis Magos os nosos agasallos e a verdade é que encantóunos todo ese ambiente de SUPER-NADAL!!!


Despois, leváronnos á froitería, e vimos un montón de froitas exóticas que non tíñamos idea de cómo se chamaban, e menos mal que tiñan etiqueta, porque mira que eran raras!!!


Logo tivemos que poñernos uns gorros e unhas mascarillas coas que estabamos a mar de graciosos, porque entramos na zona de envasado e alí ensináronnos que é o que fan coa carne, onda a gardan e cómo unha máquina, ela soíña, as envasa e lles pega unha etiqueta cun código de barras, o nome e o prezo.


E como xa non nos deu tempo a máis, non puidemos entrar na panadería, pois xa nos empezaban a ruxir as tripas e fomos a merendar no Flünch, que é o restaurante de Alcampo. E ademáis déronnos unha caixa de rotuladores chulísima e un parchís. Non estivo nada mal!!!




2 comentarios:

Ángeles dijo...

Seguro que o pasáchedes moi ben especialmente cando víchedes todos os xoguetes que van mercar os Reis Magos ou Papa Noel. Recordade que vos tedes que portar moi, moi ben, cousa sinxela para todos vós.
Un bico moi forte para todos.

Chispa dijo...

Buaaaaaá! Buaaaaaa´! BUAAAAAAAA! Eu quería iiiiir!!
Polo menos me contades o que fixestes e vexo as fotos. Puf! Menos mal.
Alégrome de que aprendésedes tantas cousas
e tamén de que puidesedes merendar cando as tripas empezaban a protestar.
Anda! Un pareado!
Bicos da vosa meiga Chiiiiiispa.