domingo, 19 de septiembre de 2010

Novo curso en modo "pause"

Xa arrincou un novo curso pero parece que o noso blogue non arranca... Estamos en modo "pause", xa que aínda que xa están os nenos e nenas no colexio, a profe necesita un tempiño máis para estar a punto.
Pero que ninguén se pense que non están a suceder cousas no Cole de Pazos!!! Todo o contrario...
Unha nova profe, chea de cousas que contar, tomou o meu relevo ata que estea recuperada por completo.
Boto moito de menos ese rebulir nas aulas que fan que cada día sexa máxico e especial e é precisamente iso o que me fai coller cada día máis forzas para volver á carga axiña. Apertas para tod@s!!!

1 comentario:

Ana dijo...

Non te preoucupes que dentro de pouco xa andarás dando guerra polo cole outra vez. Coídate moito.Biquiños de parte de tu ex-compi.