Hoxe empeza de novo a súa andadurao libro viaxeiro das familias, para que como nós vaia crecendo co paso dos anos... Porque é moi importante para os pequenos e pequenas coñecer e recoñecer a familia á que pertencen, traballaremos a familia e as propias señas de identidade.
Déixovos aquí unha preciosa animación de Pixar, na que se amosa unha particular forma de "chegar ao mundo". Menos mal que nestes tempos xa non cree ninguén que aos nenos os traen as cigoñas!!!
2 comentarios:
Éche un libro ben bonitiño, de verdade. E que importante é iso de pertencer a unha familia.
Moitos bicos
Ademáis é o máis solicitado polos nenos e nenas do cole nos recreos. Todo un "best-seller" propio!!!
Publicar un comentario