
Hoxe é un día de festa no cole. Celebramos o Día da Poesía e do Teatro cun recital de poemas e pequenas obras de teatro, feitas polos nenos e para os nenos. Pero como sabemos que ás nosas familias gústalles ver o que facemos no cole, subiremos videos destas actuacións durante as vacacións na páxina web do centro.
Así que non te olvides de visitar a nosa páxina durante estes días de vacacións.
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos
Mentras tanto, deixámosvos a nosa pequena contribución a esta celebración.
Grazas a Nuria Tizón e a Rubén Suárez, xa que sin eles - e as prisas destes días - esta montaxe non tería sido posible.


1 comentario:
Son uns versos preciosos, e con esa música... Bailei tanto que aínda sigo a dar voltas coma unha buxaina, baila que te baila.
Noraboa por eses debuxos taaan bonitos e felicidades á profe por ensinárnolos así de "guay".
Bicos desde o País dos Libros.
Publicar un comentario