lunes, 15 de febrero de 2010

Entroido 2010: O Ferrol da Ilustración

Este ano disfrazámonos de damas e cabaleiros de Ferrol na época da Ilustración.

Estábamos así de guapos!!!

Como todos os anos sacamos unha foto co noso Meco, que tamén estivo disfrazado de Ilustrado, entregouse a cesta de entroido que sorteaba o cole para axudar na excursión de Fin de curso aos nenos e nenas de 5º e 6º, fixemos un pequeniño desfile, que facía moito frío, cantamos as nosas cantigas de Entroido, léronse os testamentos do Meco, e queimámolo. Menos mal que Entroido somos nós!!! E despois, chocolate e bola de zucre e biscoitos grazas ás colaboradoras nais da ANPA.





E grazas a Chispa podemos tamén ver cómo foi todo o proceso.



E aquí van as cantigas e os retrousos:

QUÉIMATE MECO, QUÉIMATE XA

QUÉIMATE MECO E DÉIXANOS EN PAZ

QUÉIMATE MECO E XA NON VOLVAS MÁIS

CANCIÓN DE ENTROIDO (Música: A SAIA DE CAROLINA)

XA CHEGA O DÍA DO ENTROIDO, TEMPO PARA DISFRUTARE

SER PARTE DUNHA COMPARSA E UNHA CARAUTA MERCARE

QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

COMEMOS E BAILAMOS, A XENTE ESTÁ FELIZ

A XENTE ESTÁ FELIZ, A XENTE ESTÁ FELIZ

QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

METE AS PENAS NUN SAQUIÑO, ÍMONOS TODOS XUNTARE

ENTRE BRINCOS E ALBOROTOS, MOI BEN O IMOS PASARE

QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...

E VÍNDEO A VER!, E VÍNDEO A VER!

A VER O ENTROIDO QUE ESTÁ TESO E DOÍDO

AO PÉ DO CARBALLO, SENTADO NUN TALLO

SEN TER QUE FACER.

E VÍNDEO A VER!, E VÍNDEO A VER!

QUE XA ESTÁ PARA MORRER

AO RIN CHIN CHIN, AO RABO DE MIN

VEN O ENTROIDO CO SEU TILÍN

AO RIN CHIN CHIN, AO RON TON TON,

VEN O ENTROIDO CO SEU FOLIÓN.

XA ESTÁ AQUÍ, O NOSO ENTROIDO BORRALLENTO,

TODOS ACUDIREMOS A QUEIMALO NUN MOMENTO.

AGORA SÍ, AGORA NON, DEIXARÉMOLO ENTROIDO

BAILAREMOS CON LEDICIA E ENCHEREMOS A BARRIGA

VENTE XA, ACHÉGATE A NÓS

QUE HABEREMOS DE PENSAR SE TE DEIXAMOS QUEDAR.

No hay comentarios: