viernes, 29 de enero de 2010

Día da Paz 2010

Os centros escolares de todo o mundo celebran cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nós celebrámolo hoxe, xa que mañán non estaremos, e cómo o fixemos?

Xuntámonos todos na Biblioteca do cole para escoitar poesías sobre a Paz, algunhas en castelán, outras en galego e outras en inglés... (para que logo digan...) Logo, entre todos limos o noso Libro Colectivo sobre a Paz, todo un clásico xa por estas datas, e despois fixemos voar avionciños de papel con mensaxes de Paz, para intercambiar estes desexos de solidariedade entre os pobos. E por suposto, cantamos a canción ¡Que vivan a paz e o amor!

E aquí tedes as fotos!!!


Ah! e tamén vimos o conto de "O día que Pigasso coñeceu a Matisse", conto co que aprendimos que no respecto ás diferenzas tamén está a PAZ, da man de dous dos máis grandes artistas do siglo XX, que pese á súa rivalidade souberon facer da amizade un valor imprescindible nas súas vidas.



1 comentario:

Chispa dijo...

Ai, profe!, encantoume o conto de Pigasso e Muutisse. Aiiiiii!
E por certo, gustáronme moito as mensaxes que fun lendo polos avións que voaron o venres... O luns vou ver que tal van eses desexos na hora do recreo. Espero que de marabilla!
Noraboa polo voso traballo.