sábado, 28 de noviembre de 2009

A auga, o sangue da Terra



Porque é moi importante aprender a respectar o medioambiente desde pequenos, o venres visitamos a Fundación Caixa Galicia de Ferrol para ver a exposición fotográfica "A auga, o sangue da terra" de Manuel Valcárcel.

Grazas a Feder, un paxaro un tanto especial que acompañou a Manuel Valcárcel no seu viaxe polo mundo mentres tomaba as súas fotografías, fomos coñecendo lugares moi diferentes ao noso contorno a través da mirada do fotógrafo.

Despois da visita participamos nun obradoiro no que fixemos un "mar libre de residuos", cheíño de animais, e sen nada, nada de lixo!!! Esforcémonos por conservalo así.


Aquí tedes as fotos da nosa visita:



Pero de entre todas as fotos, eu quédome con ésta.

¿Por que será?

1 comentario:

Chispa dijo...

Paréceme moi importante este tipo de visitas porque cómpre sensibilizar ao noso alumnado dun consumo resposable da auga e da necesidade de coidar o noso mundo. Que mellor que empezar de pequeniños, non?
Son unhas fotos moi bonitas. Dá gusto velos tan superatentos. Espero que moito desa visita permaneza para sempre neles.
Bicos, bicos, bicos acuosos e chuviosos da vosa amiga.