lunes, 5 de octubre de 2009

Lúa chea de chocolate

Onte a lúa estivo chea, e para celebrar a nosa primeira lúa chea da que fomos realmente conscientes, quixemos saber a que sabe a lúa, como di o conto de Kalandraka co que estamos a traballar.
E resultou que, como no conto, a lúa sabe precisamente ao que máis lle gusta a cada un. Por eso, non podía ser doutra forma e o noso primeiro pan de lúa sabía a chocolate.


Ademais, queda probado que somos capaces de untar, tarefa nada doada con 3 e 4 anos. Pero a motivación de averiguar a que sabe a lúa fai posible estes pequenos milagres.

1 comentario:

Ana M dijo...

Vendo a cara de felicidade que teñen da gana de comelos a eles. Un biquiño