martes 25 de octubre de 2011
martes 18 de octubre de 2011
miércoles 12 de octubre de 2011
Xogos de outono
Coma sempre a nosa Ana, de Aula Tic, non para e nos achega tres estupendos xogos de outono. Grazas por compartir!

Etiquetas:
OUTONO,
XOGA NA REDE
lunes 10 de octubre de 2011
O proceso de fermentación (2)
Como xa somos maiores empezamos a escribir en libretas. E que mellor comezo para estas libretas que escribir sobre o noso primeiro experimento sobre o proceso de fermentación, non credes?
Etiquetas:
EXPERIMENTOS,
FERMENTACIÓN,
LIBRETA
miércoles 5 de octubre de 2011
O proceso de fermentación

Como o proceso de fermentación do mosto é un fenómeno carbónico sabíamos que se tiña que liberar un gas en forma de burbullas. E para non deixalas escapar puxémoslle un globo á nosa botella.
O gas ía a inchar o globo, de iso estábamos seguros, pero...
A nosa seguinte pregunta foi:¿CÁNTO ÍA TARDAR?
¿CÁNTO ÍASE A INCHAR?
¿CÁNTO ÍASE A INCHAR?
¿CÁNTOS DÍAS TARDARÁ EN ESTOUPAR O GLOBO?
Por iso decidimos sacarnos unha foto cada día cun cartel nas mans que dí o número de días que leva o mosto fermentando. Así poderemos ver cánto se vai inchando o globo cada día.Como sempre, as fotos para os curiosos:
Etiquetas:
CIENCIA,
FERMENTACIÓN,
VENDIMA
lunes 3 de octubre de 2011
Facemos mosto
Hoxe fixemos mosto no cole coas uvas que nos trouxo a profe e que colleu na fin de semana.Para facelo temos que lavarnos ben as mans, ben frotadiñas as puntas dos dedos para eliminar calquera suciedade.
Despois esmagamos as uvas, primeiro coas nosas mans e logo cun pisador.
Logo colamos a maga cun escurreverduras que tiña os furados grandes e colábanse as pepitas e algún que outro "hollejo" e despois cun colador, co que lle sacamos todas as pepitas.
Ao final, e despois de probalo, hummm... que rico!!! gardamos un pouco nunha botella. Estamos moi interesados en descubrir que é o que vai acontecer no proceso de fermentación.
O outro día aprendimos que para que o mosto se convirta en viño ten que pasar 15 días e que nese tempo libérase un gas (de aí o "fenómeno carbónico").
O gas non o podemos ver, que é como o aire, por iso puxémoslle na boca da botella un globo. Se aparece o gas inchará o globo. Veremos que é o que acontece!!!

De momento as fotos do proceso:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)