jueves 26 de mayo de 2011

Kandinskeando

E aquí está o noso traballo plástico da semana. Estamos facendo a nosa propia interpretación do cadro



"ESTUDO DE COLOR CON CADRADOS E CÍRCULOS CONCÉNTRICOS"






Desfrutade coas fotos!!!




Moi pronto veredes o resultado final...

miércoles 25 de mayo de 2011

E máis Kandinsky

martes 24 de mayo de 2011

Quen é Kandinsky? (2)

E hoxe chegaron estas dúas anotacións, entre outras cousas, e así puidemos saber onde naceu e onde estudou pintura... datos que nos viron moi ben para facer o traballo de hoxe.

Grazas, familias, por colaborar!!!






Ademais puidemos ver nuns libros sobre Kandinsky que aínda que fixo moitos cadros abstractos (que non representan nada real) tamén ten uns cuadros de paisaxes moi fermosos. Vimos tamén como algúns cadros están pintados con puntiños e outros con pequenos trazos. Descubrimos así outras formas de pintar...




¿Cómo cres que se chamará este cadro?

lunes 23 de mayo de 2011

Quen é Kandinsky?

Despois de averiguar que os círculos superpostos de distintos tamaños pero que teñen o mesmo centro chámanse CÍRCULOS CONCÉNTRICOS, Kelly, que era hoxe o encargado, escribiu en Google imaxes

"CIRCULOS DE COLORES CONCÉNTRICOS"

e grazas a esta búsqueda descubrimos que o cadro misterioso era de WASSILY KANDINSKY.

Por iso enviamos unha nota, a ver se os papás e as mamás nos poden axudar a saber algo máis.

De momento, xa empezamos a crear a nosa reproducción do cadro dos círculos concéntricos, que se leva por nome:

ESTUDO DE COLOR CON CADRADOS E CÍRCULOS CONCÉNTRICOS


Para ver máis cadros de WASSILY KANDINSKY podes premer na imaxe a continuación.


E para saber máis da súa vida preme no nome do artista.

lunes 9 de mayo de 2011

Título e autor

Mira este cadro. Realmente é fermoso, non cres? Mírao ben... descubre as formas que están nel agochadas e descríbeas. Fácil, non? Mira as súas cores... Pensa no que pode significar... Fala do que ves, do que sintes...
E agora, di: Que nome lle porías ti a este cadro? Hoxe toca xogar a imaxinar...
E con todo o que sabemos xa, fagamos unha búsqueda en Google imaxes para atopar o nome verdadeiro do cadro e o seu autor.


domingo 8 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro (3)


E da man do CEIP As Covas, de Meaño, podemos saber algo máis da vida de Lois Pereiro: os seus orixes, a súa infancia, as súas viaxes e por suposto a súa obra.


Grazas por compartilo.




Tamén deixo un fermoso poema do homenaxeado para aprender.

Revisando os danos

A MAN DEREITA Á DEREITA DO CORPO,
A MAN ESQUERDA Á ESQUERDA.
EN PLENAS FACULTADES,
TEÑO A CABEZA NO CENTRO DO MUNDO
E VOULLE CAMBIANDO OS ARGUMENTOS
ÓS MEUS SOÑOS ESCASOS E PRUDENTES.

miércoles 4 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro (2)



E grazas ao Seminario Galán, podemos acercarnos á vida de Lois Pereiro de forma divertida e amena, xogando con este outro libro LIM.





lunes 2 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

E como non, outra vez máis, a nosa profe e amiga Ana Martinez deixounos este libro LIM sobre o escritor Lois Pereiro, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.



Grazas, compi!!!