viernes 25 de marzo de 2011

Celebramos o Día da Poesía e o Teatro 2011

Hoxe venres, celebramos o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) xunto co Día Mundial do Teatro (27 de marzo) cunha pequena reunión na nosa Biblioteca, para a que estivemos preparando este precioso video coas nosas voces, recitando os poemas sobre nos mesmos que inventamos hai xa un tempiño.
Que difícil que foi falar polo micro sen trabucarse!!! E aínda así...

Querémolo compartir con vós!!!

lunes 21 de marzo de 2011

Xa estamos en primavera!!!


Xa estamos en primavera!!! Así que estamos en tempo de observar con atención todos os cambios que se están a producir ao noso redor. Nas árbores, no tempo, nos animaliños... Despois dun longo inverno, chega o bo tempo. Pero ollo, que na primavera tamén chove, e é que xa se sabe: EN ABRIL, AUGAS MIL.



viernes 11 de marzo de 2011

Pintar con palabras

Hai algo máis dun mes e para celebrar o Día da Candeloria empezamos a preparar este fermoso traballo, falando do bo que cada un de nós tiñamos e saíron unhas fermosas poesías. Fixémolas entre todos e logo cada un escribiu a súa. Ademáis a profe sacounos unhas fotos, de frente e de perfil coas que fixemos uns divertidos collages. Poesía para os oídos pero tamén poesía para mirar.

E aquí tedes o resultado!!!



Idea orixinal en Mirades Menudes

lunes 7 de marzo de 2011

Entroido xa está aquí!!!

Este ano o Meco mareounos toda a semana!!! Cada día unha cousa diferente e sen olvidarse da anterior...
e así estábamos o xoves que xa parecíamos antroidos... pero salvámonos da fariña, ufff, menos mal!!!

E o venres disfrazámonos, este ano con apaños da casa. Noraboa a todos por participar!!!


VOLTAMOS O XOVES!!!

miércoles 2 de marzo de 2011

Que ben o pasamos bailando!!!

Na última maleta de Chispa chegou este fermosísimo libro con CD e DVD da Editorial Kalandraka coas músicas e os bailes de un montón de cancións estupendas para bailar, grandes e pequenos. Pasámolo xenial, e iso nótasenos nas caras!!! Ou non???
Seguimos ensaiando porque queremos facelo xenial no próximo festival e aínda temos moito que mellorar, porque cando se acelera a música, poñémonos algo nerviosos, pero... que ben o pasamos bailando!!!


Nota: o audio orixinal está substituido para facilitar a montaxe.