
Quen é quen?
Xoga a adiviñar quen se esconde detrás destas caroutas!!!
E por fin podedes ir vendo cómo quedaron as nosas caroutas de Entroido. A verdade e que deron moito traballo... pero quedaron preciosas!!! 
Nota: Cyberkidz é unha páxina con xogos educativos para nenos e nenas entre 4 e 12 anos.
O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candelaria ou da Candeloria. A tradición popular di que hoxe, casan os paxaros. Segundo contan, nesta xornada pódese ver a todo tipo de paxaros "máis namorados que nunca" revoando sen parar e deixando escoitar os seus mellores cánticos.