
Xa queda algo lonxe o Festival de Nadal, pero como ata o de agora non estiveron os videos en YouTube, non podíamos velos no blogue.
Nenas e nenos, familias... a desfrutar da actuación!!!


Hoxe na Biblio vimos estes dous preciosos videos: o primeiro, en versión karaoke, vennos moi ben para practicar aos que estamos lendo... e o segundo... fálanos de que ainda que somos diferentes hai algo moi grande que nos une.
A PAZ COMEZA CUN SORRISO.
E para prepararse para o Día da Paz, empecemos a semana cun precioso conto para o recreo na Biblio. É da editorial silabario, que doa 1€ do prezo do libro a un proxecto solidario de axuda á infancia.
Aquí tedes un fragmento do conto:
E aquí tamén temos un conto moi especial para traballar a Educación para a Paz, tamén grazas á profe Ana, no que se conta o importante que é unir os esforzos para lograr algo grande.