Este ano haberá que esperar un pouquiño para ver os vídeos do festival...
pero todo chegará!!!

E para celebrar o ano que está a puntiño de comezar, fixemos un calendario para o vindeiro ano que alegrará as nosas casas. Este calendario irá nas carpertas, xunto cos traballos do trimestre, pero por se queredes botarlle unha ollada antes, aquí o tedes en soporte dixital. E xa sabedes, aproveitade as vacacións para pintalo, xa veredes que chulísimo que queda!!!

Desfrutade coas fotos!!!"Todo neno é un artista... o problema é como seguir sendo un artista cando se medra." Pablo Picasso.


Picasso e Matisse foron competidores e rivais entre sí, pois a súa arte era ben distinta.
Nembargantes, souberon aceptar as diferenzas entre eles e chegaron a ser en verdade grandes amigos.