domingo 28 de noviembre de 2010

Margarita

Coñeces a esta nena??? Pois escoita o video e segue o enlace a continuación para aprender sobre ela.







video

Para saber máis sobre Margarita, preme AQUÍ.

Terá algo que ver con Picasso???

jueves 25 de noviembre de 2010

Igualdade e normalidade

Desde a nosa Biblioteca, "Biblioteca Xoán Farias" - A Biblioteca do CEIP de Pazos, Chispa acordouse de que para loitar contra a violencia de xénero temos que educar na igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas. Por iso, invítanos a ver tres preciosos contos que de seguro vos gustarán.



(Preme na imaxe para ir ao blogue da nosa Biblio)


miércoles 24 de noviembre de 2010

A familia de Pablo Picasso

Os pais de Picasso chamábanse Jose e María, e tiveron tres fillos: Lola, a maior, Pablo, o do medio, e Concha, a pequena.

E cando Pablo Picasso medrou, namorou e tivo catro fillos, que se chamaban: Pablo, Maya, Claudio e Paloma.
E así foi como descubrimos que a nena do cadro "Niña con barco" era Maya, a propia filla de Pablo Picasso. Vaia sorpresa!!!

jueves 18 de noviembre de 2010

Cómo chegou Picasso á nosa aula

Niña con barco (1938) Picasso.

Este luns a nosa profe chegou cun cadro escondido... pois foino descubrindo pouco a pouco, para poder pensar en cómo vai cambiando o noso punto de vista a medida que imos tendo máis información. De principio parecíanos de todo pero ao final, cando xa o vimos totalmente descuberto, dímonos conta de que se trataba dunha nena que tiña un barco nas mans... Pensamos que título podería ter este cadro e entre todos decidimos que debía chamarse "Niña con barco".


Así que escribimos "NIÑA CON BARCO" en Google Imaxes e desde alí chegamos a unha páxina que nos decía quen o pintara. Grazas a Kelly, que leu o nome do artista, enterámonos de que foi un tal PICASSO, pero non soubemos máis.



Por iso, mandamos unha nota, que escribiu Elia que poñía...


"QUIÉN ES PICASSO? TRAER AL COLE COSAS DE PICASSO"


E ao día seguinte chegou, entre outras cousas, isto:




Así enterámonos de que Picasso nacera en MÁLAGA, e por iso a nosa profe chegou ese día cun mapa de ESPAÑA e nos dixo onde estaba MÁLAGA. Tamén nos contou que o pai de Picasso era profe de pintura nunha escola de A CORUÑA, e que por iso tamén viviu alí, que logo marchou a BARCELONA e que tamén viviu en MADRID. Algún tiña algunha idea de por onde caían estas cidades no mapa (será de velo tempo...) pero en xeral resultounos bastante novidoso o tema do mapa. Escribimos uns carteis para localizar estas cidades.

Na Biblioteca do cole, Chispa deixara para nós dous libros de Picasso enriba da mesa e xa co primeiro aprendimos un montón de cousas sobre él. Aprendimos que cando era neno aprendéralle a debuxar seu pai... que cando marchou a Barcelona estaba moi triste porque perdera a unha paloma branca que debuxara e que pintaba con colores azuis, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA AZUL...

Que cando foi a París (Alejandra contounos que unha torre moi rara que sae no conto é a Torre Eifel, e que está en París, que a viu ela cando foi alí cos seus pais) coñeceu a xente do circo que viran á súa paloma e púxose moi ledo e entón empezou a empregar as cores cálidas, como o rosa, e que a esa etapa chamóuselle ETAPA ROSA.

Este conto tamén nos fala que logo Picasso empezou a pintar dunha forma un pouco estrana, e que había moita xente á quen non lle gustaban os seus cadros, nos que non se sabía se estabas de frente ou de perfil, porque debuxaba uns narices e uns ollos moi raros á xente. A esta etapa chamóuselle ETAPA CUBISTA.

Este conto tamén nos presenta a algún membro da familia de Picasso, así que neso andamos...

Facémonos maiores


¿Recordades cómo éramos hai só dous anos?



Pois todo isto medramos xuntos!!!

miércoles 17 de noviembre de 2010

Visita a Alcampo Ferrol

Hoxe visitamos as instalacións de Alcampo, pero non como simples consumidores, xa que nos ensinaron moitas cousas que normalmente non se ven, ou polo menos, pasan desapercibidas!!!

Ao chegar, sacamos unha foto diante do Clube Rik&Rok e despois ensináronnos onde poñían os productos de campaña, que claro, agora está todo preparadiño para que vaian mercar os Reis Magos os nosos agasallos e a verdade é que encantóunos todo ese ambiente de SUPER-NADAL!!!


Despois, leváronnos á froitería, e vimos un montón de froitas exóticas que non tíñamos idea de cómo se chamaban, e menos mal que tiñan etiqueta, porque mira que eran raras!!!


Logo tivemos que poñernos uns gorros e unhas mascarillas coas que estabamos a mar de graciosos, porque entramos na zona de envasado e alí ensináronnos que é o que fan coa carne, onda a gardan e cómo unha máquina, ela soíña, as envasa e lles pega unha etiqueta cun código de barras, o nome e o prezo.


E como xa non nos deu tempo a máis, non puidemos entrar na panadería, pois xa nos empezaban a ruxir as tripas e fomos a merendar no Flünch, que é o restaurante de Alcampo. E ademáis déronnos unha caixa de rotuladores chulísima e un parchís. Non estivo nada mal!!!




De eiruga a bolboreta

O outro día, na festa do Magosto atopamos unha eiruga moi estrana no patio, pois non era como as que tiñamos nós o curso pasado... Mirade ben cómo era!!!


E á volta do fin de semana encontramos unha bolboreta incríble no patio. Cazouna Sofía, sen mancala nada e metímola nunha caixa que ten uns prismáticos incorporados para vela máis de cerca...

Cómo nos gusta atopar bichiños, collelos para miralos

e logo deixalos libres de novo!!!




Pero pénsao ben... cándo fixo a crisálida esa eiruga peluda???

Logo... non pode ser a mesma!!!

Se queres saber máis sobre a eiruga, pincha AQUÍ.

E se o que queres é saber máis da bolboreta, pincha AQUÍ.

jueves 11 de noviembre de 2010

Castañas e buxainas

Este ano celebramos o Magosto o día de San Martiño, polo que, ademáis de comer castañas, os peóns sairon ao patio e estiveron xirando ao longo de toda a semana.
Pola mañá veu a profe Paula para axudarnos a facer colares de castañas, e ben bonitos que nos quedaron, aínda que mira que estaba dura a pel!!!
Despois bailamos buxainas de man na clase, habíalas de moitos tipos, formas e cores.
Logo, saímos ao patio a comer as castañas que estaban moi quentiñas, pois as acababan de asar os profes Ramón e Pepe, coa axuda de Xaime, de quen se non!!!
E xa por último, xogamos a un montón de xogos con castañas no patio.
Pasamos un día xenial!!!

miércoles 10 de noviembre de 2010

Contos de medo...


Este outono Chispa pediunos que escribíramos contos de medo... así que despois do Samaín puxémonos mans á obra, e velaiquí tedes o resultado... Como andivemos algo xustos de tempo, non puidemos escribir o texto completo, pero para a próxima prometemos esforzarnos máis.


Desfrutade moito con esta historia... UUUUUUUHHHH!!!!





O Magosto: A castaña que rebentou de risa.

E grazas á nosa tan añorada profe Ana Martínez, que non para nunca e que agora está noutro cole, temos dous preciosos libros LIM, moi centrados nestas datas. Cánto te botamos de menos, profe!!! Non pasa un día sen lembrarnos deses tan bos momentos xuntos!!!
O primeiro Libro LIM está baseado no conto elaborado polo Equipo da Biblioteca hai anos e con imaxes de Rosana Rodiles: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA.
E o segundo sobre a festa do Magosto. Pasádeo ben con eles!!!





lunes 8 de noviembre de 2010

Polo San Martiño, peóns no camiño

E como todos os anos... "Polo San Martiño, peóns no camiño". Preparádevos para ver como facemos os nosos peóns e os botamos a xirar!!!

Mentras tanto podedes escoitar esta canción que vén da man de Brinquedia, que dí:

Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla,ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.
Tamén podemos, se queres, probar coa chave, dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.
E non deixes de xirar e non deixes de xirar, e non deixes de xirar.
Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis) {...}