Moitas grazas por este curso inolvidable!!!
Grazas a todos os profes que pasaron pola miña aula, e a os que non pasaron pero que estiveron alí doutro xeito. Pero, especialmente a tí, Ana, por ser un gran apoio neste ano e todos estes anos.
Grazas tamén a Xaime, que amañou de todo na clase e no cole e se fixo un coidador de vermiños de 1ª.
E por suposto, grazas aos nenos e nenas da miña clase, que foron os verdadeiros protagonistas e as súas familias.
Vémonos en setembro!!!
martes 29 de junio de 2010
miércoles 23 de junio de 2010
lunes 21 de junio de 2010
sábado 12 de junio de 2010
A reciclar!!!

Este venres a profe Feli quixo aprendernos a reciclar papel... O pasamos xenial con ela, porque a verdade é que os que xa a coñecíamos do ano pasado, botámola moooito de menos!!!
E que esta profe é unha verdadeira caixa de sorpresas!!!
Xa do día de antes as profes puxeron un papel triturado a remollo, pero aínda así tivemos que traballar moito... Batímolo coa batidora coa axuda da profe, que ben clariño nos deixou que os nenos non a podían usar soíños... Logo, comprobamos a textura do puré que acababamos de preparar, metendo as mans no barreño... que divertido!!!
Primeiro sumerximos o panel de rella ben dereitiño e tumbámolo no fondo do barreño e....
Primeiro sumerximos o panel de rella ben dereitiño e tumbámolo no fondo do barreño e....
¡¡¡arriba!!!
Poñémolo un pouquiño a escurrir a auga, colocamos unhas follas de papel de periódico encima e...
ale-hop!
Media volta e a secar cun pano toda a auga que sobra, retorcéndoo de vez en cando, que é moita a auga que hai que secar!!!
E listo...
Xa podemos levantar o panel de rella e a deixalo secar. Cómo estará o luns cando cheguemos ao cole???
Velaiquí tedes as fotos do proceso:
Etiquetas:
COS SEIS SENTIDOS,
MEDIO AMBIENTE,
RECICLAXE
jueves 3 de junio de 2010
A Cebra Camila. representada polo CPI de Atios

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CPI de Atios, de Valdoviño, representaron hoxe no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol unha fermosísima obra de teatro que nos deixou a todos coa boca aberta.
A Cebra Camila
E aquí vos deixo o conto.
E grazas á nosa profe Ana, que é tan traballadora, podemos disfrutar da narración do conto e facer un montón de actividades sobre el.
Etiquetas:
CEBRA CAMILA,
CONTOS,
CPI ATIOS,
KALANDRAKA,
LIM,
TORRENTE BALLESTER,
VISITAS
miércoles 2 de junio de 2010
A primavera trouxo...
A primavera trouxobolboretas con lunares
que bailan e fan rodas
entre os tulipanes.
A primavera trouxo
bolboretas amarelas
que levan nas súas antenas
filigranas e arandelas.
A primavera trouxo
bolboretas violetas
que revoan por todos lados
¡son tan pizpiretas!
A primavera trouxo
bolboretas con raíñas
as rosadas e celestes
¡son as máis bonitiñas!
A primavera trouxo
bolboretas multicolores,
tardíñas soleadas,
paxaros e frores.
Etiquetas:
BOLBORETAS,
PRIMAVERA
Vermiños: Á espera das bolboretas
Estamos ansiosos porque nazan as bolboretas!!!
Desde aquela, moitos coidados e mimos para que agora luzan así de gordechos. Templámoslle as follas de moreira que saen da neveira para que non as noten frías, destapámoslle a caixa para que lles dea a luz do día, cambiámoslles as follas, limpámoslles as cacas, falámoslles, acariñámoslos e incluso os escoitamos, porque sí, sí, se achegas a orella á caixa podes escoitalos. Todo un descubrimento!!!
Etiquetas:
BOLBORETAS,
PRIMAVERA,
VERMES DE SEDA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


