sábado 29 de mayo de 2010

Poemas de Uxio Novoneyra no Festival das Letras Galegas



O pasado venres 21 de maio celebramos con algo de retraso o Día das Letras Galegas. Non puido ser antes xa que faltábannos algúns compañeiros do cole que andiveron de excursión.

Este ano os nenos de Infantil aprendimos un montón de cousas sobre Uxío Novoneyra, participando na elaboración do mural da entrada sobre a súa vida e que logo convertiráse en libro... xogando na PDI coas actividades elaboradas pola profe Ana... aprendendo algún pequeno poema seu. Por iso, este ano quixemos homenaxealo recitando.

E aquí nos tedes!!!!
INFANTIL 3 E 4 ANOS
Cai a neve, cai, cai
Falopiña a falopiña
nin o vento a aremuiña
nin a auga a desfai.
INFANTIL 5 ANOS
Canta o Cuco, cala e canta
Dos castiñeiros do Val
Pasa o tempo e non di nada
e volta o Cuco a cantar.

lunes 17 de mayo de 2010

No Día das Letras Galegas, Ti es dos meus



O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ENVÍA UNHA CANCIÓN PARA QUE SE ESCOITE O GALEGO EN TODO O MUNDO.


Que pasaría se o 17 DE MAIO ENVIAMOS UNHA CANCIÓN EN GALEGO aos nosos contactos para que a reenvíen inmediatamente aos seus?


A proposta é facer un agasallo no Día das letras Galegas a quen o saiba apreciar.
Velaiquí tedes o noso agasallo para todos vós.






Cando me agarimas en galego
Compartimos luz e son de seu
Brétema e camelia que no inverno floreceu,
Daquela,
brillo de estrela,
ti es dos meus.

lunes 10 de mayo de 2010

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, do que poderedes obter máis información visitando o noso blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Preme na imaxe de Novoneyra para seguir o vínculo.


Aquí podedes ver unha preciosa presentación elaborada polo ENDL do CPI Progreso de Catoira; Todo un exercicio de poesía visual cos versos do poeta. Caligramas 100% galegos.



E xa por último, aquí tedes unha actividade LIM elaborada pola nosa profe Ana M para demostrar todo o que sabedes deste importante poeta do Caurel.