viernes 30 de abril de 2010
jueves 29 de abril de 2010
Parque de Educación Viaria en Fene
Fomos de visita ao Parque de Educación Viaria en Barallobre (Fene) e aprendimos un montón de cousas... a atender á cor dos semáforos, as sinais de CEDA O PASO e de STOP, as de dirección obrigatoria, e sobre todo, que para conducir temos que estar moi atentos para non producir accidentes...Como o fixemos tan ben, ao final déronnos o Carné de Conducir (de vehículos sen motor, claro) e un Diploma de Bos Conductores. Esperemos que os puntos dúrennos toda a vida!!!
E de paso, aquí vos deixo este vídeo da Fundación Mapfre, que está incluído no DVD "Cebras, A Bailar" do programa educativo de Seguridade Vial "Circulando".
domingo 25 de abril de 2010
Pintando como Romero Britto
Poucos seredes xa os que non saibades que é o que andivemos a facer esta semana no cole... Pois parece que estamos en tempo de pintura... pintura por fora, pero tamén pintura por dentro... uns con brocha gorda e nós... con pinceis dos finos!!!Como estamos a traballar coa familia, escollimos este mural de Romero Britto...
Que aínda non coñecedes a Romero Britto??? Pois se premes na imaxe que tes a continuación, poderás dar unha voltiña pola súa web (en portugués).

Romero Britto é un artista contemporáneo ao que lle gusta achegar a arte á xente, polo que en moitas ocasións expón as súas obras na rúa. Por iso, non é extrano que participara na COW PARADE en varias ocasións. Aquí podedes ver algunha das súas vacas, das que andiveron polas rúas de New York.
Houbo quen pensou que non seríamos capaces, pero tras unha semana de duro traballo e grazas á axuda da profe Ana que permitiu que a profe Rosa estivese dedicada a "supervisar" a obra, ben prontiño poderedes ver o resultado no noso Salón de Actos.
sábado 24 de abril de 2010
Xogando coas palabras - A familia

viernes 23 de abril de 2010
Hoxe, 23 de abril de 2010, celebramos o Día do Libro cunha gran festa na nosa Biblioteca. Este ano, desde o Concello de Ferrol adicóuselle a Xoan Farias esta grande Festa da lectura, do libro e da palabra. martes 20 de abril de 2010
jueves 15 de abril de 2010
Cómo chegamos a formar parte dunha familia?
Déixovos aquí unha preciosa animación de Pixar, na que se amosa unha particular forma de "chegar ao mundo". Menos mal que nestes tempos xa non cree ninguén que aos nenos os traen as cigoñas!!!
Poesía e Imaxe 2010
Como cada ano participamos no Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro" ilustrando poemas, esta vez o elixido foi "My shadow" de Rober Louis Stevenson (1850-1894), que dí:A miña sombra é pequena e sempre vai conmigo,
Pero qué facer con ela eu non o dou aprendido;
É igualiña ca min, dos pes á cachola,
E cando salto para a cama, salta ao meu carón coma tola.
O máis sobranceiro dela é o xeito que ten de medrar;
Non o fai coma os rapaces, pouco a pouco sen parar,
Porque ás veces como un balón de goma se estira,
E outras vólvese tan pequena que ninguén a mira.
Aquí vos deixo as nosas ilustracións deste poema. Disfrutádeas:


