lunes 29 de marzo de 2010

Ovos de Pascua

Nestas vacacións decora ovos de Pascua. Preme na imaxe para xogar.

viernes 26 de marzo de 2010

A hora do planeta: 27/03/2010



Grazas a "Unha presada de ollomaos" do CEIP Xulio Camba, en Vilanova de Arousa (Pontevedra) chegounos un precioso post que quixeron compartir con nós.




Dende que no ano 2007 máis de 2 millóns de persoas en Sidney (Australia)
decidiron apagar a luz durante unha hora para loitar contra o cambio climático, cada ano vaise xuntando máis e máis xente a esta iniciativa. O próximo 27 de marzo volve a "
hora do planeta".



Pocoyó tamén se apunta:




Neste outro vídeo, o da Campaña Oficial 2010, podedes ver cómo vanse apagando as luces en todo o mundo na convocatoria do 2009.



jueves 25 de marzo de 2010

Celebramos o Día da Poesía e do Teatro



Hoxe é un día de festa no cole. Celebramos o Día da Poesía e do Teatro cun recital de poemas e pequenas obras de teatro, feitas polos nenos e para os nenos. Pero como sabemos que ás nosas familias gústalles ver o que facemos no cole, subiremos videos destas actuacións durante as vacacións na páxina web do centro.

Así que non te olvides de visitar a nosa páxina durante estes días de vacacións.



http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos



Mentras tanto, deixámosvos a nosa pequena contribución a esta celebración.









Grazas a Nuria Tizón e a Rubén Suárez, xa que sin eles - e as prisas destes días - esta montaxe non tería sido posible.

domingo 21 de marzo de 2010

Día da Poesía 2010


O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, coincidindo co equinocio de primavera. Este ano varios colexios de Ferrolterra decidimos intercambiar poemas para celebralo.
Porque nos gusta a poesía, porque nos gusta a primavera, porque as historias dos poemas fan que na nosa imaxinación revoen milleiros de bolboretas...



Aquí tedes os nosos poemas:







E os que recibimos do CEIP Unión Mugardesa de Mugardos:


martes 16 de marzo de 2010

Invadidos de vacas tolas - Cow Parade no lugar!

Moitas veces, olvídasenos que o verdadeiramente importante nunha aula de infantil sucede por debaixo do metro de altura... Por iso quixen que fosen eles mesmos quen tiraron as fotos nesta actividade, porque nela eles e elas eran os protagonistas... Poñerse de acordo, cooperar, manexar utensilios con destreza e confianza...



A verdade e que esta invasión de vacas tolas e coloristas foi todo un éxito!!!



Esta compilación de fotos é unha selección de todas as que se sacaron nesos días e na que só hai unha que foi sacada pola profe... Ten un punto de vista algo máis "elevado", así que, con esa pista podedes xogar a descubrila.
Ao final saen varias fotos dos utensilios, que aínda que para un adulto poderían pasar desapercibidos na escena, para os verdadeiros protagonistas deber ser realmente importantes, polo número de fotos que había deles.



E aquí tedes os fotógrafos!!!




lunes 15 de marzo de 2010

Animaleando

Aquí vos deixo uns vídeos sobre os animais, clasificados en:

MAMÍFEROS, AVES, REPTILES E PEIXES









sábado 13 de marzo de 2010

Grazas a todas as contadoras de contos

Moitísimas grazas a todas!!! Gustounos moitísimo que viñérades ao cole a contarnos contos!!! Encantaríanos que quixérades repetilo!!! Por iso, non nos cansaremos de dicirvos unha e mil veces...



GRAZAS!!!!
Grazas a Ana, a nai de Alba...
Grazas a Mónica, a nai de Anxo e Lucas...
Grazas a Ana, a nai de Irene...
E Grazas a Fina, a avoa de Keira.













lunes 8 de marzo de 2010

Día da Muller Traballadora 2010

Hoxe chegou a maleta cargadiña de libros para celebrar o Día da Muller Traballadora e grazas a Chispa, podemos ver as fotos de hoxe na Biblioteca. Non deixedes de visita o Blogue da Biblio, que está cargadiño de novidades!!!


Chis, chis, plof, plof!!!


E despois escoitamos o conto titulado "UNA FELIZ CATÁSTROFE", escrito por Adela Turin e ilustrado por Nella Bosnia, grazas á nosa incansable profe Ana. Podédelo ver no seu blogue "Medrando xuntos".

Tamén os deixo aquí un conto sobre Wangari, Premio Nobel da Paz 2004, unha muller que foi un exemplo para a súa comunidade.


lunes 1 de marzo de 2010

A nosa propia Cow Parade

Estamos dispostos a encher todo o colexio de vacas tan tolas coma as da Cow Parade do ano pasado en Madrid!!!



As fotos aparecerán cando rematemos, pero mentras, deixamos este avance. Ollade quén son os fotógrafos...