Xoga a crear vacas tan espectaculares como estas da Cow Parade de Madrid!!! pinchando sobre a imaxe.
miércoles 24 de febrero de 2010
miércoles 17 de febrero de 2010
lunes 15 de febrero de 2010
Entroido 2010: O Ferrol da Ilustración
Como todos os anos sacamos unha foto co noso Meco, que tamén estivo disfrazado de Ilustrado, entregouse a cesta de entroido que sorteaba o cole para axudar na excursión de Fin de curso aos nenos e nenas de 5º e 6º, fixemos un pequeniño desfile, que facía moito frío, cantamos as nosas cantigas de Entroido, léronse os testamentos do Meco, e queimámolo. Menos mal que Entroido somos nós!!! E despois, chocolate e bola de zucre e biscoitos grazas ás colaboradoras nais da ANPA.E aquí van as cantigas e os retrousos:
QUÉIMATE MECO, QUÉIMATE XA
QUÉIMATE MECO E DÉIXANOS EN PAZ
QUÉIMATE MECO E XA NON VOLVAS MÁIS
CANCIÓN DE ENTROIDO (Música: A SAIA DE CAROLINA)
XA CHEGA O DÍA DO ENTROIDO, TEMPO PARA DISFRUTARE
SER PARTE DUNHA COMPARSA E UNHA CARAUTA MERCARE
QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ
COMEMOS E BAILAMOS, A XENTE ESTÁ FELIZ
A XENTE ESTÁ FELIZ, A XENTE ESTÁ FELIZ
QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ
METE AS PENAS NUN SAQUIÑO, ÍMONOS TODOS XUNTARE
ENTRE BRINCOS E ALBOROTOS, MOI BEN O IMOS PASARE
QUE VIVA O ENTROIDO, ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...
E VÍNDEO A VER!, E VÍNDEO A VER!
A VER O ENTROIDO QUE ESTÁ TESO E DOÍDO
AO PÉ DO CARBALLO, SENTADO NUN TALLO
SEN TER QUE FACER.
E VÍNDEO A VER!, E VÍNDEO A VER!
QUE XA ESTÁ PARA MORRER
AO RIN CHIN CHIN, AO RABO DE MIN
VEN O ENTROIDO CO SEU TILÍN
AO RIN CHIN CHIN, AO RON TON TON,
VEN O ENTROIDO CO SEU FOLIÓN.
XA ESTÁ AQUÍ, O NOSO ENTROIDO BORRALLENTO,
TODOS ACUDIREMOS A QUEIMALO NUN MOMENTO.
AGORA SÍ, AGORA NON, DEIXARÉMOLO ENTROIDO
BAILAREMOS CON LEDICIA E ENCHEREMOS A BARRIGA
VENTE XA, ACHÉGATE A NÓS
QUE HABEREMOS DE PENSAR SE TE DEIXAMOS QUEDAR.
lunes 8 de febrero de 2010
Animais da granxa
E para esas cabeciñas curiosas, aquí tedes un enlace a unha páxina na que poderedes encontrar un listado de animais tan grande que atoparedes animais que nin sequera imaxinábades que existían. Bo proveito!
Googleleando
lunes 1 de febrero de 2010
Domésticos ou salvaxes?
Ademáis, desde o CEIP Alcalde J.J. Rebollo, de Huelva, temos acceso á webquest sobre o conto.

