Os centros escolares de todo o mundo celebran cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nós celebrámolo hoxe, xa que mañán non estaremos, e cómo o fixemos?
Xuntámonos todos na Biblioteca do cole para escoitar poesías sobre a Paz, algunhas en castelán, outras en galego e outras en inglés... (para que logo digan...) Logo, entre todos limos o noso Libro Colectivo sobre a Paz, todo un clásico xa por estas datas, e despois fixemos voar avionciños de papel con mensaxes de Paz, para intercambiar estes desexos de solidariedade entre os pobos. E por suposto, cantamos a canción ¡Que vivan a paz e o amor!
E aquí tedes as fotos!!!
Ah! e tamén vimos o conto de "O día que Pigasso coñeceu a Matisse", conto co que aprendimos que no respecto ás diferenzas tamén está a PAZ, da man de dous dos máis grandes artistas do siglo XX, que pese á súa rivalidade souberon facer da amizade un valor imprescindible nas súas vidas.
.jpg)



