
jueves 24 de diciembre de 2009
Festival de Nadal

O pasado martes 22 celebramos a chegada do Nadal cun precioso festival no que deixamos o mellor de cada un de nós... Houbo un montón de actuacións, entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado pola ANPA e logo un pinchiño, no que grazas a esas colaboradoras nais puidemos tomar tortilliña e empanada. Hummm, que rico!!!
E aquí tedes a nosa actuación!!!
E estas son as actuacións dos nosos compañeiros e compañeiras de ciclo.
O Apalpador

Que todavía non te enteraches de quen é o Apalpador?
Aínda estás a tempo de mergullarte no noso blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e enterarte de todo, antes de que se presente na túa casa esta noitiña para apalparte a barriguiña.
Visita http://endlpazos.blogspot.com/
IMAXE DE LEANDRO LAMAS
domingo 20 de diciembre de 2009
Xogos de Nadal
sábado 19 de diciembre de 2009
Visita do Carteiro Real
.jpg)
Abriunas unha por unha e leu detidamente as nosas peticións. Acordábase de nós do ano pasado e preguntounos se nos portáramos ben durante todo este ano, porque xa sabemos todos que os Reis Magos só lles traen os regalos que piden aos nenos e nenas que foron bos.
Ademáis a súa paxe agasallounos cuns caramelos riquísimos, e tan grandes que case case non nos cabían na boca!!!
viernes 18 de diciembre de 2009
Mirando as estrelas
Puidemos ver os cráteres que ten a lúa, os seus mares... Unha pena que hoxe non estivera chea, pero aínda así, grazas ao telescopio puidémola ver tan grande, tan grande que parecía que podíamos collela!!! Logo, miramos a Marte, de cor vermello e que é visible a simple vista.
Recoñecimos a CASIOPEA, a CEFEO, a PERSEO e a ANDRÓMEDA, e por suposto ao cabalo alado de PEGASO. E tamén vimos ás dúas osas: a OSA MAIOR e a OSA MENOR. Ademáis, presentáronnos a ORIÓN e a SIRIUS, que é a estrela máis brilante do firmamento, e despois puidémolas ver a simple vista. Foi estupendo!!!
E aquí vos deixo as fotos:
miércoles 16 de diciembre de 2009
Pintando un ceo de estrelas
Pero e que ademáis as estrelas que pintamos no teito da nosa clase non son unhas calquera. Non, non!!! A nosa profe contounos unha historia fantástica duns seres máxicos que disque son da Mitoloxía Grega. Falounos de CEFEO e CASIOPEA, que eran os pais de ANDRÓMEDA, que foi liberada por PERSEO, quen tiña un cabalo alado chamado PEGASO... Falounos tamén de Poseidón, o rei do mar, e de Medusa, que tiña o pelo de serpes e que se a mirabas quedabas de pedra!!!
jueves 10 de diciembre de 2009
Visita ao Belén da Orden Terceira
Hoxe fomos ver o Belén da Orden Terceira. Encantounos... estivemos super atentos a todos os movementos de estas preciosas figuriñas feitas con tanto mimo polo artesán Alfredo Martín. A nosa Chispa deixóunos un montón de información sobre este artista ferrolán no noso blogue da Biblioteca.
"Algo de máxico ten esta representación na que os seus habitantes, unhas figuras de apenas 10 cm de altura, son capaces de desempeñar labores realmente. O pintor molla a brocha e pinta de verdade, o carpinteiro crava unha punta á vista do público, outro, serra unha
tabla ata partila, mentras os leñadores logran con gran pericia derrubar unha vella árbore, os vendimadores pisan a uva ata obter o seu zume, os albaneis cargan un cubo, ízanno e finalmente descárgano... En total unhas douscentas figuras de movemento, pequenos seres animados dotados dun alento vital que
sorpende pola súa perfección."
E aquí tedes as fotos:
martes 8 de diciembre de 2009
A que sabe a lúa
Todo empezou grazas ao conto de Kalandraka, A que sabe a lúa. E agora, cando xa empezamos a preparar o Festival de Nadal, déixovos este vídeo para recordar.
jueves 3 de diciembre de 2009
miércoles 2 de diciembre de 2009
Lúa chea de decembro
Grazas á miña gran amiga Silvia, galega adoptiva e italiana de acollemento, podemos saber que é o que nos contan os debuxos de PlayHouse Disney Italia.
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa algunhas veces é redonda e chea,
Ás veces é vermella ou amarela e está no ceo como unha pelota
outras veces botas unha ollada e ves so un cuarteirón
Outras veces blanca, parece a tona que fai mamá.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa báñase casi sempre sobre o mar
e se se sumerxe nel, non é quen de se afundir
A veces a lúa está negra, e non se ve de ningunha maneira
e antes de que volva a ser chea pasará todo un mes, quen sabe por que.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.
Quen sabe por que a lúa se agocha cando amence
Quizáis o sol non a prende, por ser tan prepotente.
Pola noite, por fortuna, sae fora da súa casa
e para vela de novo volverse chea basta con facer unha fila.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa amodiño,
un anxo ou unha gaivota, e ata que non a rematan quédase alí arriba.
Despois a sustitúen. Aceptas a aposta?
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.
Mil grazas Silvia, espero que Lucrezia xogue en pequesPazos cando creza!




