sábado 28 de noviembre de 2009

A auga, o sangue da Terra



Porque é moi importante aprender a respectar o medioambiente desde pequenos, o venres visitamos a Fundación Caixa Galicia de Ferrol para ver a exposición fotográfica "A auga, o sangue da terra" de Manuel Valcárcel.

Grazas a Feder, un paxaro un tanto especial que acompañou a Manuel Valcárcel no seu viaxe polo mundo mentres tomaba as súas fotografías, fomos coñecendo lugares moi diferentes ao noso contorno a través da mirada do fotógrafo.

Despois da visita participamos nun obradoiro no que fixemos un "mar libre de residuos", cheíño de animais, e sen nada, nada de lixo!!! Esforcémonos por conservalo así.


Aquí tedes as fotos da nosa visita:



Pero de entre todas as fotos, eu quédome con ésta.

¿Por que será?

miércoles 25 de noviembre de 2009

Os fotógrafos

E mentres uns pintan un ceo estrelado, outros sacan fotos de cómo foi o proceso. Logo aprenderemos a descargalas no ordenador, a gardalas e a poder velas.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Hai un dito que di que máis vale previr que curar. Por este motivo, no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a mellor forma de previr a discriminación por razón de xénero, é se educamos na igualdade.

A violencia de xénero é a manifestación máis crúa desta desigualdade entre mulleres e homes, é a violencia que se dirixe sobre as mulleres polo feito de selo, por seres consideradas carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión.

No mundo que queremos construir non hai tarefas masculinas nin femeninas, non hai xogos de nenos nin de nenas, todos somos iguais e temos as mesmas obrigas e os mesmos dereitos.

A familia Beee ensínanos a importancia de compartir as tarefas entre homes e mulleres, entre nenos e nenas. Por un mundo máis xusto, fagamos da coeducación un valor importante. Porque as nenas e os nenos que hoxe educamos, serán as mulleres e homes de mañá.

Preme na imaxe para xogar

viernes 20 de noviembre de 2009

Dereitos dos Nenos e Nenas








lunes 16 de noviembre de 2009

Googleleando

Estamos aprendendo a buscar imaxes en Google, aproveitando o tema das estrelas. Primeiro, escribimos na barra do buscador o nome da constelación que queremos buscar, ¡e ten que estar ben escrito!, ¡se non non vale!. Despois, temos que premer no botón de "Búsqueda". escollemos a imaxe, clicando sobre ela, logo na barra azul de "Ver a imaxe a tamaño completo". Logo, premer sobre a imaxe co botón dereito do rato, e clicar sobre "Gardar imaxe como". E por suposto, comprobar se a nosa imaxe quedou gardada na "carpeta de destino".


Aquí tedes algunhas fotos desta actividade. Non saímos todos nas fotos porque algúns necesitamos a axuda da nosa profe e non tiña mans para todo!!!



domingo 15 de noviembre de 2009

viernes 13 de noviembre de 2009

Libro LIM "O nome das estrelas"

miércoles 11 de noviembre de 2009

Leo e as estrelas

Hoxe no cole tivemos unha representación de teatro moi especial, xa que os monicreques eran "sombras". Pois si, teatro de sombras no cole da man de Zascandís Teatro, que nos ensinaron un montón de cousas sobre o universo.
E que este ano, é o Ano Internacional da Astronomía, e por iso estamos a traballar sobre a lúa e as estrelas.
Grazas ao Moucho Micholo, a Leo, un neno moi botado para diante, e aos seus amigos Eli, unha astrónoma algo despistada, e Lampi, un vagalume do máis intelixente, aprendimos un montón de cousas...


  • Que para mirar as estrelas e os planetas necesitamos un telescopio.
  • Que a Lúa non é de queixo, que é un pedrolo cheo de cráteres.
  • Que os cráteres os fan os meteoros cando baten contra a Lúa.
  • Que na Terra non caen os meteoros grazas á atmosfera, que os desfai.
  • Que no ceo hai moitísimas estrelas e que éstas agrúpanse en galaxias.
  • Que a nosa galaxia chámase a Vía Láctea, pero que non ten nada de leite.
  • Que na Vía Láctea hai planetas, e descubrimos un que se chama Saturno, que polo visto tiña "orellas"... pero que esas orellas en realidade eran aneis de xeo...



¡¡Cántas cousas aprendimos hoxe!! Agora temos que profundizar en todas elas.





Para ir practicando as cousas que aprendimos, pincha na seguinte imaxe e descubriras un xogo estupendo para aprender a mirar as estrelas.


viernes 6 de noviembre de 2009

Árbore de outono. Cando as palabras significan máis dunha cousa.

Xa sabedes que participamos nun proxecto intercentros de Poesía Experimental, feito por un mar de "mestras-redeiras" que texen imaxes e palabras, enmarcado dentro dun Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre xa máis de 17 centros e ao que cada día vanse sumando máis.
Pois ben, velaiquí a nosa primeira contribución ao proxecto, inspirados polo caligrama do caracol das nenas e nenos do Santiago de Oliveira, e os caligramas de Apollinaire, e dentro dun proxecto global propio do centro no que se traballaron as árbores autóctonos da nosa comarca.
A profe Rosa axudounos a escribir as palabras e as profes Ana e Carmen a darlle este acabado final tan espectacular!!!

Esperamos que vos guste a nosa caligram-árbore de outono.



Podedes velo tamén en http://redeiras.blogspot.com

jueves 5 de noviembre de 2009

Poemas da lúa e caligramas





A SEÑORA LÚA


A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.



Se queres probara a facer os teus propios caligramas, pincha sobre a imaxe

Aquí tedes outros caligramas deste mesmo poema:


Grazas a esas amizades virtuais que vanse creando a través dese seguimento do traballo que imos facendo unhas das outras, podemos ir reciclando materiais doutros profes. Grazas ás mestras do CEIP de Quintela, en Moaña, por compartir os seus materiais en Poemas para peques, e grazas tamén a Uxía, gran persoa, mestra e amiga, ás súas Sereas, e ao CEIP de Aguiño, ao que levarei sempre no meu corazón.

martes 3 de noviembre de 2009

Lúa chea de novembro

Para os despistados e despistadas, recordarvos que esta noite houbo lúa chea. Déixovos este vídeo para que non vos olvidedes de mirar ao ceo pola noite, aínda que a cidade, ás veces, no lo poña difícil.



domingo 1 de noviembre de 2009

Monstruos de risa para perderlles o medo

Nesta semana temos que aprender a rirnos das cousas que dan medo, por iso que mellor que falar e cantar destes monstruos que máis que medo dan risa.






Se queredes escoitar os versos cos que traballaremos esta semana, pincha neste enlace.
E sequeres aprender a ser toda unha bruxa terrible, segue estas instruccións.
Pasádeo de medo!!!