jueves 24 de septiembre de 2009

As fases da lúa

O 2009 é o Ano Internacional da Astronomía. Con este gallo, na nosa aula empezamos a traballar con contos da lúa, o que nos valerá tanto para entrenar o pensamento científico como a lectura e a escritura.
De momento, aquí tedes un vídeo no que nos contan que a lúa ten fases... Canto nos dará esto que pensar!!!



domingo 20 de septiembre de 2009

Comezamos unha nova aventura, grazas á lectura do conto "A que sabe a Lúa?" da Editorial Kalandraka. Esta fascinante historia será o punto de partida dun gran proxecto sobre o espazo: a Lua e as estrelas, que abrangará todo o primeiro trimestre do presente curso 2009/2010.

Para que aínda non o coñeza, aquí tedes o conto, aínda que na súa versión en castelán, pois non o atopei en galego.

Tamén vimos algún video sobre o conto e aprendimos a diferenciar versións, xa que en algunhas non aparecen os mesmos animais que nós coñcemos. Aquí vos deixo éste, que si que se axusta á versión que xa casi sabemos de memoria.


viernes 18 de septiembre de 2009

Empezamos!!!

Estamos de estrea!!!
Hoxe nace o blogue da aula de 3 e 4 anos de Educación Infantil do CEIP de Pazos, os máis pequerrechos do cole. De aí toma o seu nome:

peques + Pazos...

que sen querelo, convértese nun espazo nada pequeno e no que ademais iremos medrando.
Nel poderedes encontrar os recursos que empregamos na aula, na pizarra dixital, as informacións sobre os nosos proxectos, etc. Un sen fin de cousas que nos axudarán a medrar!!!