viernes, 6 de noviembre de 2009

Árbore de outono. Cando as palabras significan máis dunha cousa.

Xa sabedes que participamos nun proxecto intercentros de Poesía Experimental, feito por un mar de "mestras-redeiras" que texen imaxes e palabras, enmarcado dentro dun Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre xa máis de 17 centros e ao que cada día vanse sumando máis.
Pois ben, velaiquí a nosa primeira contribución ao proxecto, inspirados polo caligrama do caracol das nenas e nenos do Santiago de Oliveira, e os caligramas de Apollinaire, e dentro dun proxecto global propio do centro no que se traballaron as árbores autóctonos da nosa comarca.
A profe Rosa axudounos a escribir as palabras e as profes Ana e Carmen a darlle este acabado final tan espectacular!!!

Esperamos que vos guste a nosa caligram-árbore de outono.



Podedes velo tamén en http://redeiras.blogspot.com

1 comentario:

Chispa dijo...

A min encántame! Profe, tes moi boas ideas. Esta árbore quedou moi bonita. Dáme ganas de comer as noces tan ben escritas. Mmmmm! Seguro que están riquísimas.